20 de dec. de 2014

9º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº 153)

O pasado martes 16 de decembro de 2014 emitiuse o programa nº 153 de "A FUME DE CAROZO". Alumnos de 1º de Bacharelato, Javier García, Marta Infanzón, Andrea Silvosa e Patricia Suso, presentaron un monográfico sobre o poeta galego Manuel María.

Se queredes escoitalo, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog
 

8º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº 152)

O 9 de decembro de 2014 puidemos escoitar de novo un programa de "A FUME DE CAROZO", elaborado por alumnos do noso colexio. Desta volta, Víctor Platas e Aarón Sánchez, ambos alumnos de 1º de Bacharelato, faláronnos sobre a historia do Real Club Deportivo da Coruña.

Para escoitalo, non tedes máis que picar no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog

7º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº 149)

O martes 18 de novembro de 2014 emitiuse un novo programa de radio de "A FUME DE CAROZO". Nesta ocasión, o espazo foi presentado por catro alumnos de 3ºESO, María Fernández, Sara López, Juan Manuel Martís e Lucía Pedrosa, que nos falaron sobre a adolescencia.
Picade no seguinte enlace e poderedes escoitalo:
Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog

6º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº 148)

O sexto programa de radio deste curso de "A FUME DE CAROZO", realizado por alumnos do noso colexio e emitido o 11 de novembro de 2014, tivo novamente como tema o labor desenvolvido por científicos galegos. Nel participaron alumnos de 4ºESO: Noemí Costoya, Carla Fraile, Hugo González, Daniela Martínez e Marina Ramos.

Para escoitalo, picade no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog

16 de dec. de 2014

7 de nov. de 2014

"A ESMORGA" NO CINEMA GALEGO DO 2014

O vindeiro sábado 15 de novembro estrearase o filme de Ignacio Vilar "A Esmorga" no Festival de Cine Internacional de Ourense. A adaptación cinematográfica da novela do ourensán Eduardo Blanco Amor exhibirase por primeira vez na sesión inaugural do certame e unha semana despois chegará ás pantallas comerciais dos cinemas da nosa comunidade.
A película está protagonizada polo actor vasco Karra Elejalde e os actores galegos Miguel de Lira e Antonio Durán "Morris", que interpretan aos tres personaxes da célebre novela galega, Cibrán, O Bocas e o Milhomes, que comparten unha noite de esmorga que rematará en traxedia.
Para máis información, picade no seguinte enderezo: A ESMORGA Filme
Velaquí o trailer...

5º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº147)

O martes 4 de novembro, entre as 17:00 h e 18:00 h. no 103.4 de CuacFM, tivemos a oportunidade de escoitar a catro alumnos de 4ºESO do Colexio Calasanz - PP. Escolapios da Coruña, Miguel García, Daniel Martínez, Nicolás Mejuto e José Manuel Ucha, presentando un novo programa de "A Fume de Carozo" baseado, nesta ocasión, en científicos galegos.

Se queredes volver a escoitalo, picade no seguinte enderezo:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog
 

30 de out. de 2014

4º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº146)

Este pasado martes, 28 de outubro, emitiuse no 103.4 de CuacFm o cuarto programa de radio de "A FUME DE CAROZO" deste curso, promovido unha vez máis polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio.

Nesta ocasión, tres alumnos de 4º de ESO, María García, Daniel Martínez e Nicolás Mejuto, estiveron a falarnos sobre a festividade que marcará estes días moitos lugares de Galicia e do mundo: o SAMAÍN.

Se queredes escoitar o programa, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 146 "A FUME DE CAROZO" 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog

27 de out. de 2014

3º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº145)

O martes pasado, 21 de outubro, tivemos a oportunidade de escoitar no 103.4 de CuacFM, entre as 17:00 e as 18:00 h., un novo programa de "A FUME DE CAROZO", elaborado por alumnos e profesores do Colexio Calasanz - PP. Escolapios da Coruña e coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Este foi o programa número 145 e tratou sobre o Coro do noso colexio. Foi presentado por tres das súas integrantes: Avia García, Marina Ramos e Laura Suárez.
Se queredes volver a escoitalo, picade no seguinte enlace:
Ou se queredes acceder ao blog do noso coro e ver todas as novas relacionadas con el, podedes facelo no seguinte enderezo: 

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

16 de out. de 2014

2º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº 144)

Continuamos e... A FUME DE CAROZO!!!
Este martes pasado, 14 de outubro, tivestes a oportunidade de escoitar un novo programa elaborado polos alumnos do noso colexio e coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Nesta ocasión, outra vez con Mikel Iribar, alumno de 2º de Bacharelato, á cabeza, fixemos un monográfico sobre o director de cine Steven Spielberg.

Se queredes volver a escoitalo, picade no seguinte enlace:
PROGRAMA 144 "A FUME DE CAROZO"


Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

9 de out. de 2014

1º PROGRAMA DE RADIO "AF/DC: A FUME DE CAROZO" (Nº 143)

Un ano máis... e xa estamos de volta!!! 


Como vimos facendo hai xa uns anos dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Calasanz - PP. Escolapios da Coruña, queremos achegar aos nosos alumnos, profesores, pais... a este marabilloso mundo da radio a través do programa "A Fume de Carozo", que con tanta ilusión e esforzo facemos entre todos.

Acabamos de voltar ao cole, e por iso xa nos puxemos en marcha nesta sexta tempada para presentarvos o pasado martes, 7 de outubro, o labor e as actividades que van desenvolver os catro grandes departamentos do noso centro ao longo deste próximo curso 2014/2015.

O presentador, Mikel Iribar (alumno de 2º de Bacharelato), entrevistou a Lorena Martínez (coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega), a Mónica Santiso e a Vanesa Fuentes (membros do Departamento de Orientación), a David García (coordinador do Departamento de Acción Social) e a Fabiola Pena (coordinadora de Pastoral).

Se queredes volver a escoitalo, non tedes máis que picar no seguinte enlace:

Lembrade que para escoitar este programa, que se emite todos os martes de 17:00 a 18:00 h., tedes varias posibilidades:
- No 103.4 da FM na comarca da Coruña.
- En directo por Internet, na web da emisora: cuacfm.org, e picar no botón "En directo".
- En diferido, podedes escoitar todos os nosos programas xa emitidos na web www.blogoteca.com/adfcblog.

28 de xuño de 2014

REVISTA "CROA" - CURSO 2013/2014

Un ano máis, xa temos nas nosas mans un novo número da revista CROA, elaborada polos alumnos e profesores do noso colexio. Nesta ocasión, continuamos, ao igual que no ano anterior, cunha gran celebración: "os 50 anos da presenza escolapia na cidade da Coruña".
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, que coordina esta publicación, desexamos que gocedes da súa lectura e que teñades un merecido descanso e pasedes un bo verán...
Deica o próximo curso!!!




9 de xuño de 2014

DICIONARIO VISUAL "Letra D" - Curso 2013/2014

Co gallo da celebración do pasado día das Letras Galegas,  un curso máis seguimos a realizar a actividade do DICIONARIO VISUAL, que comezamos hai tres anos, e que xa vai pola letra D.
Mostrámosvos nesta presentación as palabras que se escolleron e que plasmaron de forma artística os nosos alumnos.